Un pouco do noso Samaín: decoración da nosa cabaza, lecturas de Samaín, merenda terrorífica na aula, actividade de grafo creativa con arañas, sesións en english con esta temática, música e moooitos contos.
▼
venres, 30 de outubro de 2026
luns, 12 de outubro de 2026
O PATIO, ESPAZO DE APRENDIZAXE
As primeiras saidas ao patio escolar foron moi emocionantes. Poder vivir o espazo sós, e exploralo con calma, cautela e a vez seguridade foi moi gratificante.
O mes de setembro foi un mes de primeiras veces: primeira vez no areeiro, primeira volta de observación do espazo, descubrindo froitos, froitas, árbores, fauna, escalando o rocódromo, aventurarnos coas alturas, desafiar a forza e confiar nas nosas posibilidades…
É un espazo que aprobeitamospara sair a contar contos, facer música e actividades ao aire libre, e sobre todo, para ser libres e explorar dende as nosas posibilidades.
martes, 6 de outubro de 2026
RECUNCHOS DE XOGO
Con este post queremos ensinarvos un pouquiño da nosa aula e das actividades diarias que nela levamos a cabo.
En primeiro lugar temos o recuncho dos puzzles e bandexas individuais, un espazo rico en propostas destinadas a traballar a coordinación óculo-manual, a motricidade fina, a autonomía, a atención e a lóxica-matemática.
O recuncho da luz, ubicase nun espazo máis escuro, apartado, de calma, que conta con propostas diferentes de construcción, conteo, motricidade fina… As propostas preséntanse na asamblea ao longo de varios días, e unha vez que saben como se usa e recolle o material, pasan a formar parte deste espazo.





