martes, 3 de novembro de 2026

XOGO COOPERATIVO

Cada día, aprobeitamos a segunda sesión da mañá para facer xogos en equipo (as veces en parellas, as veces en pequeno grupo). 
Estas semanas estivemos a traballar con:
- dominó (por parellas, grupos de 3 ou máximo 4 nenos/as)
- baralla española (clasificación por pao, clasificación por número, ordenación dos número de 1 a 5, de 1 a 10…
- xogo de mesa “Little Cooperation” en grupos de 4.
- xogo de mesa “Mi primer frutal” en grupos de 4. 
- reto de conciencia fonolóxica: onde saian por sorpresa diferentes obxectos dunha caixa, e tiñamos que colocalos na letra pola que soan.
- puzzles de 24 pezas pra facer en parella.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

#BARRIONOVOMOLA

Na escola contamos momentos especiais e diferentes que significan moito para os nenos e nenas: unha clase de música improvisada con Lara, o ...