Amosando publicacións coa etiqueta Recunchos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recunchos. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de outubro de 2026

RECUNCHOS DE XOGO

Con este post queremos ensinarvos un pouquiño da nosa aula e das actividades diarias que nela levamos a cabo. 

En primeiro lugar temos o recuncho dos puzzles e bandexas individuais, un espazo rico en propostas destinadas a traballar a coordinación óculo-manual, a motricidade fina, a autonomía, a atención e a lóxica-matemática.

O recuncho da luz, ubicase nun espazo máis escuro, apartado, de calma, que conta con propostas diferentes de construcción, conteo, motricidade fina… As propostas preséntanse na asamblea ao longo de varios días, e unha vez que saben como se usa e recolle o material, pasan a formar parte deste espazo.

No recuncho da plastilina, os nenos e nenas contan con rodillos, tesoiras, potas e cacharriños, e diversos materiais a través dos cales poden modelar e crear o que a súa imaxinación queira. Ademais, conta con propostas mais guiadas para traballar a motricidade fina partindo do “churro”.

No espazo adicado a construción, os materiais son variables ao longo das semanas, tratando sempre de combinar tres materiais diferentes que inciten a crear escenarios, situacións, mundos máxicos, pequenas historias…

Por último, no recuncho da casiña, terá lugar o xogo simbólico, e no que se trata de favorecer a socialización e o diálogo, así como valores de empatía, respecto de turnos e materiais.

#BARRIONOVOMOLA

Na escola contamos momentos especiais e diferentes que significan moito para os nenos e nenas: unha clase de música improvisada con Lara, o ...